Patinaxe artística · Ourense
Benvidos ao C.D. Ourela
Un club de patinaxe artística en Ourense que forma deportistas e, sobre todo, persoas.
Formamos persoas
O Club Deportivo Ourela nace en Ourense como un proxecto deportivo e educativo centrado nas persoas, sustentado na calidade e na profesionalidade do noso equipo técnico e dos servizos que ofrecemos.
O noso principal obxectivo é fomentar a práctica da patinaxe artística e contribuír á consolidación deste deporte na provincia. Cremos firmemente nunha filosofía deportiva inclusiva: máis aló dos resultados competitivos, defendemos o dereito de todas as persoas a gozar desta disciplina, aprender valores e adestrar cada día para acadar a súa mellor versión.
Modalidades ofertadas
Cada patinadora atopa o seu sitio. Non todas competimos igual, e non falla ningunha.
Iniciación
O primeiro contacto coa patinaxe: equilibrio, seguridade sobre as rodas e os primeiros pasos e xiros, en grupos pequenos e sen présa por competir.
Ver máisLibre
Modalidade individual centrada na execución técnica de saltos e piruetas. É a base formativa sobre a que se asentan as demais disciplinas da patinaxe.
Ver máisDanza
Modalidade individual orientada ao dominio técnico dos patíns. Prima a expresión corporal e a vertente máis artística e coreográfica.
Ver máisShow
Coreografía de grupo con vestiario, atrezzo e unha historia que se conta sobre a pista. Compítese en grupos grandes e pequenos.
Ver máisCuarteto
Catro patinadoras cunha soa coreografía. É a modalidade de grupo máis exixente en sincronía: cada movemento ten que encaixar co das compañeiras.
Ver máisPreshow
O paso previo ao Show: traballo coreográfico en grupo e posta en escena para quen aínda non compite en Show.
Ver máisInstalacións
Para que o adestramento funcione
Cota
Dúas sesións á semana dunha hora.
Libre, Danza, Show ou Preshow.
Calquera combinación de dúas.
Calquera combinación de tres.
Iniciación
É a porta de entrada ao club. Nas primeiras sesións trabállase o equilibrio, a caída segura, o avance e a freada; despois chegan os primeiros xiros e as figuras básicas.
Non fai falta experiencia nin material especial: uns patíns de catro rodas en paralelo e roupa cómoda. Cando a patinadora domina a base, pasa ao grupo de Libre, cando o equipo técnico considera que xa está preparada.
| Grupo | Día | Hora | Lugar |
|---|---|---|---|
| Ferro Couselo | Luns | 18:00–19:00 | Ferro Couselo |
| Mércores | 18:00–19:00 | Ferro Couselo | |
| Comisaría | Martes | 17:00–18:00 | Comisaría |
| Xoves | 17:00–18:00 | Comisaría |
Tempada 2026/27
Libre
A patinaxe individual: saltos, pirouetas, secuencias de pasos e figuras, traballados un a un ata dominalos e encadealos sobre a pista.
É onde se constrúe a técnica que sostén o resto das modalidades. Empézase competindo en Niveis, dentro do calendario da Federación Galega, e a medida que o patinador evoluciona vai competindo tamén no resto de categorías. Hoxe o club ten patinadores e patinadoras en todas as categorías, agás na categoría nacional.
Os grupos nos que entrará cada patinador ou patinadora comunicaranse unha vez que o equipo técnico avalíe cal se adapta mellor ao seu nivel e ás súas necesidades.
Tempada 2026/27 · a partir do 9 de setembro
Danza
Danza sobre patíns: baséase na perfección técnica á hora de executar os xiros e na impresión artística.
Pídese musicalidade, postura e limpeza no deslizamento. É a modalidade máis técnica da patinaxe de base, e a que máis se agradece cando o público entende o que está a ver.
Os grupos nos que entrará cada patinador ou patinadora comunicaranse unha vez que o equipo técnico avalíe cal se adapta mellor ao seu nivel e ás súas necesidades.
Tempada 2026/27 · a partir do 9 de setembro
Show
Grupos Show: unha coreografía de equipo que conta unha historia, con vestiario, atrezzo e posta en escena. Compítese en grupos grandes e pequenos.
Aquí o importante é o conxunto: sincronía, formacións e expresión.
Os grupos nos que entrará cada patinador ou patinadora comunicaranse unha vez que o equipo técnico avalíe cal se adapta mellor ao seu nivel e ás súas necesidades.
Tempada 2026/27 · a partir do 9 de setembro
Cuarteto
Catro patinadoras sobre a pista cunha soa coreografía. Compártese a linguaxe dos Grupos Show, pero cun equipo reducido no que cada patinadora é imprescindible.
É unha modalidade reservada a patinadoras de nivel avanzado, seleccionadas polo equipo técnico. Este ano foron terceiras clasificadas no Campionato Galego e acadaron unha clasificación histórica para Ourense nun campionato nacional.
Tempada 2026/27 · a partir do 9 de setembro
Preshow
O paso previo ao Show: as patinadoras traballan a coreografía en grupo, a sincronía e a posta en escena antes de competir en Grupos Show.
É unha modalidade de transición pensada para gañar confianza sobre a pista e aprender a patinar en equipo, con exhibicións e galas ao longo da tempada.
Os grupos nos que entrará cada patinador ou patinadora comunicaranse unha vez que o equipo técnico avalíe cal se adapta mellor ao seu nivel e ás súas necesidades.
Tempada 2026/27 · a partir do 9 de setembro
Quen está na pista
Tres adestradores para os grupos de iniciación e de competición, tanto na modalidade libre como en Grupos Show.
Lía Araujo
Adestradora de nivel 1
Como patinadora subiu varias veces ao podio galego na modalidade de Show e participou en moitas ocasións no Campionato de España da mesma modalidade.
Arturo García
Adestrador de nivel 2
Como patinador subiu varias veces ao podio galego na modalidade de Libre e participou en numerosas ocasións en campionatos de nivel nacional.
Brais Cano
Adestrador de nivel 2
Como patinador foi varias veces campión galego e participou en campionatos nacionais e internacionais en Danza e Parellas.
Próximas citas
Competicións, exhibicións e galas do club, ordenadas por mes.
Novas
Resultados da I Fase de Niveis 1-8
Saber máisI Fase de Niveis 2025
Saber máisGrandes éxitos dos grupos Show
Saber máisO club apareceu en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región, CRTVG e Ourense Deportivo.
Un proxecto centrado nas persoas
O Club Deportivo Ourela nace na cidade de Ourense coma un proxecto deportivo e educativo centrado nas persoas, baseado na calidade e na profesionalidade de adestradores e servizos ofrecidos.
Dende o club trabállase para fomentar a práctica da patinaxe artística e a consolidación deste deporte na provincia de Ourense. No momento da súa creación, en 2013, Ourense era a única provincia galega sen representación oficial neste deporte.
Ourela: parte ou zona situada no extremo dunha cousa e que constitúe o límite desta con outra. Dicionario da Real Academia Galega
Ourense crece e vive nas ourelas dun río Miño que resulta clave nesta cidade, e que resultou determinante no nome do noso club.
Escríbenos
Atendemos as mensaxes fóra do horario de adestramento.