Estreamos o calendario de competicións deste 2025 esta fin de semana en Tui.
Este domingo, 9 de febreiro, damos comezo ás competicións de 2025.
Será na I Fase de Niveis do 1 ao 8, organizada polo CPA Ribex, que terá lugar no Pavillón Polideportivo Gustavo Rodríguez de Tui.
18 das nosas patinadoras, de todos os niveis da competición, buscarán o pase de nivel demostrando o traballo realizado nos adestramentos desde o pasado novembro, data da última competición.
As nosas ourelenses que participan nesta competición son:
- Nivel 1: Jimena, Paula, Daniela e Alba
- Nivel 2: Lidia e Miriam
- Nivel 3: Lucía Fidalgo
- Nivel 4: Laia
- Nivel 5: Myriam, Eva, Marta e Lara
- Nivel 7: Henar, Irene e Lucía García
- Nivel 8: Sofía Gómez
Moita sorte a todxs xs participantes, e en especial ás nosas!


Debe estar conectado para enviar un comentario.