As nosas patinadoras volveron á competición tras o cambio de ano.

A mañá deste pasado domingo 9 de febreiro marcou o comezo da temporada 2025 para o noso club. Desprazámonos ata o Pavillón Gustavo Rodríguez de Tui para participar na Primeira Fase de Niveis do 1 ao 8, na Sede 2 de Pontevedra-Ourense.
A volta ás competicións supuxo que volveran os momentos de concentración e nervios, que fixeron mella nalgunha das nosas. Con todo, non faltaron as risas e o compañeirismo que caracterizan este deporte.
5 das nosas patinadoras conseguiron o pase de nivel nesta xornada. Parabéns polo voso traballo a Miriam, Lucía F., Lara, Eva, e en especial a Sofía G., que conseguiu superar o último nivel. Para o resto, toca seguir traballando, con máis ganas se cabe, para enfrontarse á seguinte Fase de Niveis en maio.








Debe estar conectado para enviar un comentario.