Achégase o novo curso

Xa estamos rematando as vacacións e vimos desexando comezar!

É ben certo que os inicios non son fáciles, que a burocracia, xestións e papeleo levan tempo e moito traballo que queda na sombra. Sen embargo, os últimos meses caracterizáronse polos apoios, as palabras de ánimo, as chamadas e correos de familias interesadas, as axudas atopadas polo camiño e unha ilusión que non deixa de medrar.

A partir da próxima semana retomamos este pequeno gran proxecto que é o Club Deportivo Ourela, con máis información sobre o comezo das actividades e con todas as ganas de calzarnos os patíns e compartir esta experiencia con vós.

Gracias a todos e todas por facer deste proxecto algo tan especial!

patinesmaleta

Advertisements