Comezamos o próximo luns 16 de setembro

Agora sí que sí, Ourense, comezamos!!

O luns o Club Deportivo Ourela pasará de ser un proxecto a ser unha realidade. Pasaremos de ser un par de sorrisos ilusionados a ser unha chea de sorrisos cómplices cos que compartir horas de pavillón e de patíns.

fotoface

O tempo de xestións e de organización previa deixounos inmensamente agradecidos co trato recibido, abraiados coas persoas coas que nos atopamos, e cunha ilusión que se foi multiplicando co paso dos días.

Gracias a todos e a todas outra vez.

Vémonos o luns!!