EXHIBICIÓN DE NADAL

Chegan as luces, os adornos, os turróns, a lotería, as compras dos agasallos …e como non, chega tamén a «Exhibición de Nadal» do CD Ourela. Será o sábado 21 de decembro a partir das 18:30 no Polideportivo Municipal de Pereiro de Aguiar. Será unha tarde na que as nosas patinadoras e patinador mostrarán todo o avanzado neste trimestre  cunha temática moderna e chea de sorpresas.Agardámosvos a todas e todos e esperamos que pasedes unha tarde estupenda.

Recordamos que, como se fixo outros anos, tamén colaboraremos coa Operación Quilo; polo que se agradece que todas as persoas que poidades, aportedes ese día no pavillón alimentos non perecedoiros para colaborar cos voluntarios e voluntarias da Asociación Xuvenil Amencer. Grazas.