I Trofeo Cristo do Porriño

O 5 de outubro celebrouse no Porriño o Trofeo Cristo, un evento organizado polo Club Patín Porriño. Nesta competición, que contou cunha cota de participación limitada a un máximo de 10 deportistas por entidade, o Club Deportivo Ourela tivo unha actuación moi destacada, logrando que tres das nosas patinadoras subisen ao podio.