O 8 de novembro de 2025, a localidade de Noia acolleu a II Fase da Categoría Rexional Libre, un esixente evento autonómico organizado polo CP Noia. O Club Deportivo Ourela destacou de xeito especial ao ser a única entidade de toda a provincia de Ourense con representación neste campionato. A nosa representante, unha patinadora de categoría alevín, asinou un gran traballo na pista, acadando a 20ª posición na clasificación final.

Debe estar conectado para enviar un comentario.