O 22 de novembro de 2025 celebrouse en Noia o III Trofeo Vila de Noia, unha competición de alto nivel que reuniu a deportistas de toda a comunidade autónoma. O Club Deportivo Ourela desprazouse ata alí cunha sólida representación de 10 patinadoras. O balance final foi un rotundo éxito, logrando que tres das nosas representantes subisen ao podio nun campionato de gran esixencia e competencia.



Debe estar conectado para enviar un comentario.