Comezando

O Club Deportivo Ourela comeza a súa andadura. Formado para fomentar a práctica da patinaxe artística en Ourense, o club trata de buscarse un sitio entre toda a oferta deportiva da cidade. As xestións co Concello de Ourense xa son un feito e a xente que nos imos atopando polo camiño digna de que lle adiquemos as primeiras palabras de agradecemento. Grazas polo voso tempo, polas vosas respostas, polos ánimos e polos consellos.

A ilusión de pór en marcha este proxecto é cada vez maior e esperamos, pouco a pouco, ir enchendo este espazo con cada vez máis información.

Grazas a todos e a todas!

Ourela_puntill

Advertisements