Campionato de Europa Módena 2013 (3-4 maio)

A pasada fin de semana celebrouse en Módena (Italia) o campionato europeo de patinaxe artística de show e precisión.

Dende aquí temos moito que celebrar, xa que a nosa adestradora Nuria Rives Busto participaba patinando co grupo do PA Blanes Fundació, que acadou o ouro na modalidade de grupo show pequeno. Noraboa para este equipo que leva moito loitado para chegar ata aquí! E gracias pola oportunidade e polo trato que lle ofreceron a Nuria! Gran equipo, sen dúbida o título de Campións de Europa quédase en boas mans!

E noraboa tamén a tódolos equipos españois participantes, que amosaron un gran nivel e conseguiron estupendos resultados:
– En grupos pequenos: OURO para Blanes, BRONCE para Sant Celoni e 5ª posición para o Vilanova.
– En grupos grandes: OURO para Olot, BRONCE para Reus e 4ª posición para Masnou.
– En grupos xuvenís: BRONCE para Tona, 4ª posición para Reus e 7ª posición para Noain.
– En cuartetos: BRONCE para Reus, 6ª posición para Valladares e 7ª posición para Masnou.

Noticia na páxina da Federación Española de Patinaxe.

mod_bl