Día do Patín

cartel DP copia

O sábado 3 de maio estades todos convidados ao primeiro Día do Patín en Ourense!!

Co obxectivo de fomentar a patinaxe e darlle visibilidade na cidade, teremos un sábado aberto a todos os que queirades vir a compartir con nós ilusión e deporte!

Durante a mañá estaremos no pavillón anexo dos Remedios.

A “patinada” de pola tarde sairá ás 17.30h do Parque de San Lázaro para patinar pola Rúa do Paseo, ida e volta, e rematar de novo no Parque de San Lázaro para merendar xuntos e despedirnos.

É importante que os que queirades compartir e desfrutar deste día en patíns os traiades, porque non temos posibilidade de poder deixar patíns en préstamo. Se non tedes patíns nin forma de conseguilos podedes pasar igualmente a coñecernos.

As actividades son abertas e gratuítas, e o importante é compartir e desfrutar xuntos do día. 

Achegádevos sen compromiso, esperámosvos!

 

Advertisements