GRAZAS!
A todos os socios e socias que credes, apoiades e formades parte do Club Deportivo Ourela.
Temos que dicilo de novo. Porque na última semana varios/as de vós, a pesar de non vivir en Ourense, aínda sen poder asistir ás nosas actividades, vos puxéchedes en contacto co club para facervos socios/as! Porque queredes formar parte deste proxecto aínda que sexa a distancia. E nós, unha vez máis, quedamos sen palabras.
Así que a todos, aos que vos vemos en cada adestramento e aos que nos seguides e apoiades dende un pouco máis lonxe, moitísimas grazas!
Debe estar conectado para enviar un comentario.