O 7 de xuño estamos de festa!

O 7 de xuño estaremos de festa! Temos moito que celebrar: o esforzo, a aprendizaxe, a convivencia, a amizade, o compañeirismo, os sorrisos… que fomos acumulando ao longo deste primeiro curso como Club Deportivo Ourela.

E a mellor forma de celebralo é compartindo con máis patinadores e patinadoras unha tarde sobre rodas! Lembrade: o sábado 7 de xuño ás 18.30h no Pavillón Municipal de Celanova!

Ademais do grupo das Escolas Deportivas Municipais de Celanova, co que levamos traballando e desfrutando 4 meses, e os grupos do Club Deportivo Ourela, cos que levamos xa un curso compartindo alegrías… Contamos con outros clubs invitados!! Dos que aprender e cos que compartir unha tarde chea de ilusión.

Grazas a todos e todas polo voso apoio e colaboración!
En breve compartimos o programa!

cartel_patinaje_ourela_celanova

Advertisements