Comeza outubro e, aínda que os máis pequenos xa comezaron a adestrar coas enerxías renovadas a mediados de setembro, é agora cando comezamos a pleno rendemento tamén co grupo de adultos. Este curso temos cambios de horario e instalación neste grupo, pero as mesmas ganas de sempre de desfrutar sobre rodas con vós.
A todos os socios e socias, aproveitamos para desexarvos un estupendo curso e darvos as grazas por formar parte deste proxecto (en especial aos que estades un pouco máis lonxe, que aínda que non desfrutades das nosas actividades sempre nos estades a enviar o voso apoio incondicional).
Comezamos o segundo curso coa mesma ilusión coa que comezabamos esta aventura fai un ano, pero inmensamente agradecidos polos socios e socias que nos acompañades en cada paso, e polos patinadores e patinadoras cos que facemos o camiño.
Grazas de novo e un saúdo dende o equipo directivo do Club Deportivo Ourela.
Debe estar conectado para enviar un comentario.