O C.D.Ourela estréase como anfitrión en competición

O Club Deportivo Ourela estréase como organizador dunha competición oficial da Federación Galega de Patinaxe o sábado 22 de novembro pola mañá: a III Fase de Niveis das provincias Lugo-Ourense. O horario previsto é de 11.30h a 13.00h.

Debido á falta de dispoñibilidade de instalacións no Concello de Ourense, a competición terá lugar no Pavillón Municipal do Concello de Celanova, co que o club colabora habitualmente e a quen agradecen os continuos esforzos e as facilidades que sempre lles brindan. Igual que ao Grupo Vilacastro e a Forgal que respaldan o traballo deste club dende os seus inicios.

Nesta ocasión serán seis as patinadoras do club ourensán as que intentarán subir de nivel o sábado:

patinadoras_C.D.Ourela

María, Carlota, Yaiza, Ana, Paula e Claudia

O Club Deportivo Ourela chegou a Ourense hai un ano. Na súa primeira tempada conseguiron que máis de trinta rapaces e rapazas se engancharan a este deporte e participasen en varias exhibicións e competicións. Agora afrontan a segunda tempada con novos retos, máis patinadores e moitas ganas de seguir medrando e desfrutando deste deporte.

Niveles_Nov14_Ourela