Como para todo hai unha primeira vez, nós, o Club Deportivo Ourela, estreámonos o sábado 22 de novembro organizando a III Fase de Niveis no Pavillón Municipal do Concello de Celanova onde comezará ás 11:30h da mañá.
Os horarios oficiais previstos pola Federación Galega de Patinaxe son:
– NIVEL 1: DE 11:30 A 11:55
– NIVEL 2: DE 11:55 A 12:15
– NIVEL 3: DE 12:15 A 12:45
– NIVEL 4: DE 12:45 A 12:55
– NIVEL 5: DE 12:55 A 13:00
Esperamos que sexa un día cheo de sorrisos onde os patinadores e patinadoras poidan desfrutar cada momento, tanto dentro coma fóra da pista, e as familias con eles.
Sabemos que unha competición sempre ven acompañada de nervios e de esperas que nos parecen eternas para escoitar a música que marca o inicio dos programas. Pero nós queremos que sexa recordada tamén por outras moitas cousas: esa ilusión infinita que reflexan todos os patinadores e patinadoras ao chegar, eses momentos inovidables que pasan cos compañeiros e compañeiras cos que rín e choran, todos os novos amigos que se levan de alí, ese sorriso continuo das familias que animan sen descanso dende as gradas, para as que “os seus” sempre serán os mellores fagan como o fagan, e que só eles fan posible que todos estes pequenos poidan adestrar e chegar ata aquí.
Esperamos vervos a todos alí e que desfrutedes unha vez máis deste bonito deporte.
Debe estar conectado para enviar un comentario.