Novo reto para o noso club e para a nosa cidade

Ourelenses!!!
Temos un gran reto por diante! A Federación Galega de Patinaxe ofreceunos a posibilidade de organizar a Copa Galega de Grupos Show o 18 de abril para axudarnos a promocionar a patinaxe artística na provincia de Ourense.
Para nós é unha gran oportunidade pero tamén un gran reto. Aceptar a organización deste campionato supón acoller na nosa cidade a moitos dos grandes clubs de Galicia nunha competición que de seguro vén con moito nivel.
Supón que temos que poñer todas as nosas forzas en ofrecer as mellores instalacións e atencións aos patinadores/as, adestradores/as e aficións que teremos aquí ese día.
Supón que temos que facer fronte ás tarifas dos xuíces e aos seus desprazamentos, ademáis da publicidade e todos os gastos que conleva unha boa organización.
E supón, sobre todo, que temos que intentar cubrir eses gastos sen ter que cobrar entrada para desfrutar deste campionato. Porque eso axudaría á promoción, a achegar o noso deporte á maior cantidade posible de ourensáns. Non porque o espectáculo non mereza o pago dunha entrada, que o merece con creces, senón porque a xente que non coñece o noso deporte aínda non sabe o mérito e valor que teñen todos os patinadores/as e clubs deste nivel.
Así que a todos e todas os que queirades colaborar, ou coñezades algunha empresa que poida estar interesada en facelo, animámosvos a poñervos en contacto con nós e axudar a facer deste campionato un campionato de todos.
Dende o club comprometémonos a buscar e rebuscar recursos onde faga falta e a contaxiarnos as forzas uns a outros para intentar organizalo o mellor posible.

ourelenses

Advertisements