Estamos de estrea! A sección de «Running» do Club Deportivo Ourela xa é unha realidade.
Para todos e todas os que estabades interesados en facer deporte con nós, pero non vos atreviades a poñervos os patíns… só precisaredes unhas zapatillas de deporte!
O grupo inicial, no que non se necesita nada máis que ter ilusión por facer deporte e pasalo ben, comezará en febreiro. Adestrará os luns de 21 a 22h, os mércores de 20.30 a 21.30h e os xoves de 21 a 22h.
Se estades interesados noutros horarios ou non sodes principiantes e queredes facer un grupo de maior nivel, poñédevos en contacto igualmente con nós para ver todas as posibilidades.
Para máis información podedes escribirnos a: cd.ourela@gmail.com
Con patíns e sen eles, seguimos avanzando pasiño a pasiño!
Debe estar conectado para enviar un comentario.