Próxima cita: XIII Copa Galega de Grupos Show

Pasada a I Fase de Niveis en Gondomar e o Trofeo Niveliños en Celanova, agora toca traballar duramente e ultimar os preparativos da organización da XIII Copa Galega de Grupos Show en Ourense!
Aproveitamos para comezar cos agradecementos ás empresas e entidades que nos están a apoiar neste evento. Dúas delas son Forgal Galicia (www.facebook.com/forgalgalicia) e Grupo VilaCastro (www.facebook.com/grupovilacastro), que levan con nós dende o principio deste proxecto, e que tampouco faltarán nesta ocasión. Moitas grazas de novo polo voso apoio constante.
E para ir abrindo boca, deixámosvos o enlace ao pavillón no que terá lugar a competición: o pavillón principal do Pazo dos Deportes Paco Paz da Deputación de Ourense, dende onde tamén nos están a axudar moito na organización.
Esperamos poder vervos a todos e todas alí o 18 de abril! ;)

Pista