Gran día no Trofeo Niveliños

Grazas!
Grazas a todos os patinadores e patinadoras das EDM Celanova, CEIP Benchoshey, la Purísima, Club Alquimia, EDM Chantada, Club Soutomaior e Club Deportivo Ourela, participantes no Trofeo Niveliños deste sábado.
Grazas a Nerea da Cañiza, e ao Club Gondomar por vir de exhibición. Especialmente grazas a Xosé e a todas as rapazas do Grupo Xuvenil (e moita sorte a próxima fin de semana no Nacional!).
Grazas a Iria, Pablo e Edu pola vosa colaboración desinteresada.
Grazas a Alba, Virginia, Ruth e David por permitirnos contar con vós para este Trofeo.
Grazas a todas as familias que fixéchedes posible o día de onte.
Grazas a todas as persoas de deporte do Concello de Celanova pola vosa axuda, disposición e bo trato.
Grazas inmensas a cada un e cada unha dos que nos apoiades en cada proxecto que fai que o club siga medrando.
Deixámosvos aquí o enlace ao vídeo resumo do Trofeo.

Moitísimas grazas de novo e agora a coller forzas e seguir traballando. O próximo reto toca dentro dun mes: o 18 de abril organizamos a Copa Galega de Grupos Show! Esperamos vervos a todos de novo!

Niveliños_2015

Advertisements