Ourense acollerá a máis de 300 participantes na XIII Copa Galega de Grupos Show de patinaxe artística. O Club Deportivo Ourela organiza esta competición o sábado 18 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Trátase dunha competición oficial da Federación Galega de Patinaxe, que se convirte na primeira competición de nivel autonómico deste deporte na nosa provincia. Están inscritos 260 patinadores e patinadoras, ademáis de 47 persoas entre técnicos e delegados, pertencentes a 15 clubs que virán dende toda Galicia.
A entrada é gratuita para que todos os interesados poidan acudir ao Pazo a coñecer este deporte e desfrutar do espectáculo técnico e artístico que se vivirá a partir das 17.00h cos mellores patinadores galegos nesta modalidade.
Debe estar conectado para enviar un comentario.