GRAZAS!

Están pasando tantas cousas tan rápido estes últimos días que non temos nin tempo a compartilas con todos vós!
Por un lado, agradecer inmensamente a todos os patinadores/as e clubs participantes na Copa deste sábado porque sen eles non sería posible: Alquimia, Ánfora, Axel, Bolboreta, Brincadeira, Carpa, Castrelos, Coruxo, Fontiñas, Gondomar, Porriño, Ribeira, Ribex, Vagalume e Valladares. Grazas por facer o esforzo de trasladarvos a Ourense e axudarnos a darlle visibilidade a este deporte na nosa provincia.
Por outro, agradecer tamén a todo o público que se vaia a achegar o sábado ao Paco Paz. Esperamos que veñades con moitas ganas de animar e desfrutar da patinaxe.
Por suposto, GRAZAS aos máis de corenta voluntarios/as que o sábado estarán implicados na organización, poñendo todo da súa parte para que as cousas saian o mellor posible.
E grazas tamén a todas as marcas colaboradoras: Grupo VilaCastro,Forgal Formación y ConsultoríaABANCADexiroBAMIO SPORT, Peregrinus, Helya e a Eroski.
E entre xestións dun lado e do outro procurando que todo esté listo para o sábado… pasamos de 500 «Me gusta» no Facebook!!
GRAZAS a todos os que estades ahí e nos axudades a seguir medrando! Ao rematar, o sábado, brindaremos á vosa saúde!

GRAZAS_Ourela