Gran éxito de público na XIII Copa Galega de Grupos Show de patinaxe artística organizada polo Club Deportivo Ourela. Máis de mil espectadores puideron desfrutar do gran espectáculo técnico e artístico vivido no Pazo Paco Paz o sábado. Ourense puido ver o gran nivel dos máis de 250 patinadores de 14 clubs de toda Galicia: Alquimia, Ánfora, Axel, Bolboreta, Brincadeira, Carpa, Coruxo, Fontiñas, Gondomar, Porriño, Ribeira, Ribex, Vagalume, Valladares.
A competición pechaba a tempada de Grupos Show coa presenza de Marinel Fernández, Concelleira do Concello de Ourense, e Bernardino González, Asesor deportivo da Deputación Provincial de Ourense, entregando os trofeos aos primeiros clasificados.
O Club Deportivo Ourela agradece a todos os clubs participantes que se trasladaran ata Ourense para competir nesta Copa, o apoio das marcas colaboradoras e, especialmente, a labor dos máis de trinta voluntarios e voluntarias que fixeron posible este evento. Dende a organización espérase que o éxito deste campionato axude a dar visibilidade a este deporte na nosa provincia.
Os podiums das catro modalidades foron:
Na modalidade de Grupos Grandes:
1º: Club Carpa Viqueira, coa coreografía “Inseparables”
2º: Club Ánfora, coa coreografía “Yo y sólo yo”
3º: Club Valladares, coa coreografía “Estados de ánimo”
Na modalidade de Grupos Xuvenís:
1º: Club Gondomar, coa coreografía “Cosa de dos”
2º: Club Patín Porriño, coa coreografía “Subráyame”
3º: Club Fontiñas, coa coreografía “Rara”
Na modalidade de Cuartetos:
1º: Club Carpa Viqueira, coa coreografía “Cuarteto de cordas”
2º: Club Ánfora, coa coreografía “Recuérdame”
3º: Club Axel Arteixo, coa coreografía “Samba di Janeiro”
Na modalidade de Grupos Pequenos:
1º: Club Carpa Viqueira, coa coreografía “Ondas do mar de Vigo”
2º: Club Valladares, coa coreografía “Cuenta atrás”
3º: Club Fontiñas, coa coreografía “Construyendo”