Campamento Xuño 2015

Comeza a conta atrás para a fin de semana do Campamento de patinaxe que faremos en xuño. Como o ano pasado será nas instalacións do Centro Don Bosco en Santiago de Compostela.
Os socios e socias podedes facer a inscrición a partir do luns. A partir do 19 de maio abrirase o prazo para todos os interesados e interesadas que non sexan do club.
Podedes solicitarnos a ficha por correo electrónico para enviarnos cuberta, xa que será o modo de formalizar a inscrición.
Esperamos pasar unha fin de semana, como mínimo, igual de xenial ca do ano pasado! Moitas anécdotas, moitos xogos, moitas risas, moita patinaxe… pero, sobre todo, estupendos rapaces e rapazas!

Ourela_campamento_patinaxe

Advertisements