Despois do parón do verán, de repoñer forzas, de facer novos amigos, de desfrutar da familia… estamos de volta!
Abrimos as inscricións para os que estades interesados e interesadas pero todavía non estades anotados para este curso 2015-2016. Lembrámosvos que hai novos grupos e novos horarios, polo que vos aconsellamos que escribades a cd.ourela@gmail.com para que vos enviemos o documento informativo con todos os datos e as fichas de inscrición para cumplimentar.
Esta nova tempada vén cargada de novos proxectos e novos retos que esperamos sigan aumentando a motivación dos nosos e das nosas deportistas. Dende o equipo técnico afrontamos este novo ano coa mesma ilusión de sempre, e enormemente agradecidos e agradecidas de comezar este terceiro ano en Ourense rodeados dos mellores socios e socias. Grazas por seguir ahí, apoiándonos en cada paso e facendo cada vez un pouco máis grande este proxecto!
Con todo o aprendido na mochila, pero coa humildade que nos da saber que queda moitísimo aínda por aprender… comezamos!
Debe estar conectado para enviar un comentario.