Para rematar esta estupenda tempada 2015 como se merece, o 12 de decembro teremos a I Xornada Ourelense en Luintra.
Agradecemos ao Concello de Nogueira de Ramuín a dispoñibilidade do seu pavillón municipal, e a todas as familias ourelenses a boa acollida desta nova proposta.
Pola mañá teremos a xornada de exhibición de todos os patinadores e patinadoras, incluidos os máis pequenos, os que levan máis ou menos tempo, os que compiten e os que non. Todos e todas son parte importante deste club, e o 12 de decembro todos e todas serán os protagonistas do día.
Grazas de novo a todos os pais e nais polo voso apoio e colaboración, por facer que este proxecto siga medrando.
Todos os esforzos e horas de adestramento ben merecen unha boa celebración! ;)
Debe estar conectado para enviar un comentario.