Subcampións Galegos!

Subcampións Galegos na modalidade de Grupos Show Pequenos!!
NORABOA a Alberto, Bruno, David, Eva, Nuria e Raquel!
Un día cheo de emocións, de nervios, de alegrías, de reencontros, de sorrisos, de apertas e de patinaxe!
Un día, de novo, para agradecer.
Grazas aos seis patinadores e patinadoras que levaron por primeira vez o nome do Club Deportivo Ourela a un Campionato Galego. Seis patinadores que ademáis son amigos e responsables de facernos desfrutar, soñar e contaxiarnos toda a ilusión.
Grazas a todos os Ourelenses que nos apoian, envían sorte, animan no propio pavillón ou dende a distancia, e se sinten parte deste pequeno gran club.
NORABOA ao Club Gondomar, Campións Galegos de Grupos Pequenos e estupendos organizadores do Campionato, e ao Club Carpa, Campións Galegos de Grupos Grandes.
Noraboa a todos os clubs participantes, patinadores e patinadoras, equipos técnicos, xuíces, Federación Galega de Patinaxe, aficións, familias e todos os implicados e implicadas no Campionato e responsables de facer que este deporte siga medrando.
Agora quedamos á espera de saber se este segundo posto nos clasifica para participar no Campionato de España, aínda que o orgullo de que sexades parte deste club xa non pode ser maior! Grandes patinadores e mellores persoas!

Compartimos os enlaces dos vídeos do campionato para os que estedes interesados e interesadas:
– Grupos Pequenos: https://www.youtube.com/watch?v=hA2aMr121V8
– Grupos Grandes: https://www.youtube.com/watch?v=4bYbgYi3vPw

CD.Ourela_show

Advertisements