Séptimos clasificados no Campionato de España!

Aínda estamos un pouco coa cabeza en Vilanova, no Campionato de España de Grupos Show. E queremos expresar tantas cousas que non nos chegan as palabras… Así que imos intentar facelo de forma resumida.
Por un lado aínda tiñamos pendente felicitar aos Grupos Grandes galegos participantes no Campionato de España: NORABOA a todos e, especialmente, ao Club CARPA, quinto clasificado e primeiro dos grupos galegos.
Por outro lado temos moito que agradecer:
Moitas grazas ao comité da Federación Española e todos os membros da organización de Vilanova polo trato, a atención e a paciencia.
Moitas grazas a todos os equipos galegos polo compañeirismo, o apoio e os aplausos.
Grazas especiais ao Club Gondomar, compañeiros directos na competición do venres e compañeiras de fila, fotos e risas.
Moitas grazas a todos os patinadores e patinadoras, adestradores e adestradoras, delegados e delegadas, familias e público polo ambiente conseguido durante o campionato.
E moitas grazas a todos os ourelenses que nos enviaron a súa enerxía dende máis lonxe ou máis cerca.
Como din que vale máis unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos os vídeos e un par de fotos do Campionato.
Moitas grazas a todos e todas!

Enlace para ver o Campionato de España de Grupos Pequenos (podedes ver a Alberto, Bruno, David, Eva, Nuria e Raquel a partir do minuto 57´22):
http://canalblau.xiptv.cat/…/capit…/grups-de-xou-petits-2016
Enlace para ver o Campionato de España de Grupos Grandes:
http://www.xiptv.cat/…/campionat-d-espanya-patinatge-artist…

E moitas grazas tamén a Canal Blau e la xarxa pola retransmisión do Campionato, por achegarnos a posibilidade de desfrutar do noso deporte aos que non puidemos estar alí.

Ourela_show_patinaje.jpg

Bruno, Eva, Alberto, Raquel, David e Nuria.

Ourela_Gondomar_patinaje.jpg

Coas patinadoras do Club Gondomar na Clausura do Campionato de España de Grupos Pequenos.

Advertisements