Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz

“El deporte puede promover la cooperación, la solidaridad, la tolerancia, la comprensión, la inclusión social y la salud en los planos local, nacional e internacional. Sus valores intrínsecos como el trabajo en equipo, la justicia, la disciplina, el respeto por el adversario y las reglas del juego son entendidas por todo el mundo y se pueden aprovechar en el avance de la solidaridad, la cohesión social y la convivencia pacífica.”

6 de abril, Día Internacional del Deporte para el Desarrollo y la Paz.

Dende o C.D.Ourela cremos firmemente no deporte como medio, como ferramenta de traballo na educación e na formación dunha sociedade mellor. Por iso aproveitamos a celebración deste día internacional para organizar o “Niveliños” deste ano esta mesma semana.

O domingo 10 de abril xuntaranse máis dun cento de patinadores e patinadoras nunha xornada cun fondo máis aló do deportivo. Agradecémoslle aos participantes, familias e equipos técnicos e directivos do Club AEHDE, Club Condado, Club Gondomar, Club Porriño e Club Soutomaior a súa asistencia e participación. E agradecemos especialmente a colaboración do Programa Teranga Ourense da Fundación JuanSoñador.

Os horarios previstos da xornada son:

9:30h Apertura do pavillón
10:00h Inicio Niveis 6+5
10:20h Nivel 4
10:50h Nivel 3
11:05h Nivel 2
11:40h Nivel 1
12:40h Prenivel
13:30h Exhibicións
14:00h Peche do pavillón

Ourela_deporte_paz

Advertisements