Niveliños 2017 e Tecnificación

O sábado 8 de abril tivemos a xornada de Niveliños coa participación de moitas patinadoras ourelenses e tamén do Club Patinaxe Artistica Gondomar e o Club Patinaxe Artística Soutomaior. Noraboa a todas e moitas grazas por vir!
O domingo foi a xornada de tecnificación de base convocada pola Federación Galega de Patinaxe. Moitas grazas a Aida Vieites Pier pola súa paciencia, o seu trato e por todo o ensinado.

E tamén queremos aproveitar para agradecer ás entidades colaboradoras (Nadenú, Diego Vilas, Grupo VilaCastro, Forgal, Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, Deputación de Ourense) a súa axuda imprescindible para que poidamos organizar este tipo de actividades.
Seguimos traballando para seguir avanzando pasiño a pasiño.
#OrgulloOurelense

Ourense_patinaxe_Ourela_Niveliños17