Campionato XOGADE 2017

Gran actuación no Campionato de Deporte Escolar Xogade en Redondela, tanto do Grupo de Primaria (1º clasificado) como do Grupo de Secundaria (único participante na súa categoría). Pero sobre todo estupendo comportamento durante toda a xornada de todas as patinadoras.
Grazas polo esforzo e a ilusión de nenas e familias. Grazas polo interese en seguir mellorando cada día, pola motivación, polos sorrisos e polos soños compartidos. E especialmente grazas por saber desfrutar tanto da xornada de convivencia e competición, porque o mellor do día de onte foron as vosas caras de felicidade.

Grazas tamén, coma sempre, as entidades colaboradoras: Nadenú, Diego Vilas, Forgal, Grupo VilaCastro, Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, Deputación de Ourense.
#OrgulloOurelense

ourela_patinaxe_Ourense_xogade17.jpg