Nos próximos días acumúlanse as datas de competición.
O sábado tivo lugar a III Fase da Categoría Rexional en Arteixo.
O próximo domingo, 29 de outubro, estaremos en Vigo na III Fase de Niveis e o 1 de novembro en Carballiño na Copa Deputación de Ourense.
Días para seguir aprendendo e desfrutando do noso deporte e da convivencia cos demáis clubs.
Aproveitamos para agradecer de novo ás entidades patrocinadoras que fan posible a nosa participación en competicións e que poidamos seguir medrando cada ano: Consello Municipal de Deportes, Deputación de Ourense, Asesores VilaCastro, Forgal Formación e Consultoría, Nadenú.
E tamén, e sobre todo, moitísimas grazas ás familias que formades parte deste proxecto, que animades ás patinadoras, madrugades, pasades horas nos pavillóns e viaxades por toda Galicia para que elas poidan desfrutar deste deporte!
Grazas! E a desfrutar das próximas datas de competición!
Debe estar conectado para enviar un comentario.