Feliz volta ao cole a todas as patinadoras e patinadores que comezan hoxe un novo curso cheo de ilusións!
Lembrámosvos que a partir do luns 18 de setembro comezamos cos novos horarios de adestramento para este curso 2017-2018.
E tamén vos informamos que hai grupos nos que as prazas xa están cubertas, polo que as persoas interesadas neses horarios pasarán á listaxe de espera por se houbera algunha baixa. De todas formas, esperamos poder darvos servizo noutros horarios se tendes dispoñibilidade.
Novo curso, novos retos e novas aventuras!
#PequenosGrandesPasos
#Seguimos
Debe estar conectado para enviar un comentario.