Xornada Ourelense Decembro 2017

Aínda non vos deramos as GRAZAS neste medio pola gran Xornada Ourelense vivida o 16 de decembro!
A todas as patinadoras pola vosa actitude e participación. Ás máis pequenas por portarse como profesionais e ás non tan pequenas por axudar tanto coa organización e a saída á pista.
A todas as familias por estar, animar e facer que este proxecto siga medrando.
Grazas por colaborar coa Operación Quilo da Asociación Xuvenil Amencer.
E sobre todo grazas por desfrutar, por compartir xantar e conversa, por axudarvos e apoiarvos, por xogar ás escondidas e correr e rir e contaxiar alegría… Por amosar cada día que sodes un gran equipo!
#OrgulloOurelense

cartel_xornada_ourelense

XornadaOurelense_17