Niveliños 2018

Onte, sábado 3 de marzo, desfrutamos da Xornada de Niveliños deste ano no pavillón polideportivo universitario de Ourense.

Como sempre, un gran día para coñecernos un pouco máis e desfrutar do noso deporte e da convivencia. Un deses días nos que se nos acumulan as anécdotas, os nervios, os sorrisos e acabamos lembrando con moito cariño…
Ás patinadoras e ás familias, ás «maiores» e ás «pequenas», ás «veteranas» e ás «novas incorporacións»… Grazas por facer posible cada paso! Seguimos!!
#OrgulloOurelense

niveliños18_Ourela_patinaxe_Ourense

Niveliños18_Ourela_Ourense