O #8M descalzámonos os patíns.
Lembrámosvos que este xoves, 8 de marzo, non haberá adestramentos xa que nos sumamos ao Paro Internacional de Mulleres.
Grazas polo apoio recibido e por entender que este proxecto, que é o Club Deportivo Ourela, é máis que un proxecto deportivo. Grazas por acompañarnos nun camiño no que o compromiso coa formación integral das patinadoras supón tamén un compromiso cos valores que queremos para elas, un compromiso coa sociedade na que vivimos e un compromiso con nós mesmas, cos nosos dereitos e os nosos deberes.
Como xa vos informamos, a decisión das adestradoras de unirnos á Folga xa lle foi trasladada á xestoría para que o xoves poidan facer a comunicación correspondente á Tesourería, desconten o día de salario e o contrato quede en suspenso ese día a efectos de cotización.
Por unha sociedade máis xusta e máis igualitaria #NósParamos
Debe estar conectado para enviar un comentario.