

O 7 de marzo de 2026, o Club Fervello organizou en Arteixo as Preseleccións de Solo Danza. O Club Deportivo Ourela estivo representado por seis patinadoras, que competiron nas categorías júnior e cadete demostrando un excelente nivel. Na categoría júnior, unha das nosas deportistas logrou a brillante clasificación para competir na Categoría Nacional durante o resto da tempada, mentres que unha compañeira quedou a escasos 0,45 puntos de acompañala. Pola súa banda, unha das nosas representantes cadetes tamén acadou a esixente nota para o nivel nacional, aínda que, por falta de cotas dispoñibles, non logrou a praza. Deste xeito, o balance final da proba deixa ao noso club cunha representante na Categoría Nacional e cinco competindo na Categoría Rexional, avalando o gran traballo técnico de todo o equipo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.