I Fase Categoría Amateur

O 23 de maio de 2025, o Pavillón Municipal de Donas en Gondomar acolleu a I Fase da Categoría Amateur, organizada polo CPA Gondomar. O Club Deportivo Ourela desprazou a catro representantes para disputar a súa primeira cita da tempada, asinando unha actuación para o recordo ao acadar un pleno de podios. Na categoría júnior feminina, Sandra Gómez alzouse coa primeira posición, seguida moi de preto pola súa compañeira Aldara Vázquez, que logrou un brillante segundo posto. Na modalidade júnior masculina, Izan Rodríguez proclamouse campión, asinando un emotivo e vitorioso regreso á competición tras un ano apartado das pistas por mor dunha grave lesión. A colleita de éxitos pechouna Luna Pérez, quen logrou un meritorio terceiro posto no seu debut na esixente categoría cadete feminina.