II Fase de Niveis Libre 1 a 8

O domingo 31 de maio de 2026, o Pavillón de Coruxo (Vigo) acolleu a II Fase de Niveis Libre 1 a 8. Unha ampla delegación do Club Deportivo Ourela, formada por 22 patinadoras, desprazouse ata alí para compartir a quenda matinal cos clubs vigueses CARPA e El Olivo. Tras unha xornada de moitas emocións e gran traballo na pista, 11 das nosas deportistas lograron o diploma que acredita a superación do seu nivel: Paula e Noa (Nivel 1); Emma, Mónica e Sara F. I. (Nivel 2); Sara F. P. e Miriam (Nivel 3); Lucía (Nivel 4); Lara (Nivel 6); e Myriam e Ariadna (Nivel 7).

Con esta cita péchase o calendario da modalidade de Libre ata o mes de setembro, quedando á espera das vindeiras competicións oficiais e dos posibles trofeos organizados por outros clubs, cuxas datas aínda están por confirmar.