Facendo balance

Coa volta á rutina, aos horarios habituais de adestramento e ás xornadas maratonianas dos pais e nais encaixando tempos, chega tamén o noso momento de facer balance.

Primeiro cambio de ano como Club Deportivo Ourela. Primeiros meses compartindo ilusións e medos. Primeiros nervios e actuacións dos nosos patinadores e patinadoras. Pero tamén moitos sorrisos acumulados xa neste tempo, moitos ánimos que non se esquecen e moitas ocasións nas que repetirvos sempre a mesma palabra: GRAZAS.

Comezamos esta aventura, con todos vós, en setembro. Dende cero, nunha nova cidade, pero con todas as ganas e a ilusión postas neste proxecto.  Non puido ser mellor. Non podemos ter mellores patinadores e mellores familias coas que compartir toda esta experiencia. Embarcáchedesvos nesta viaxe crendo en nós sen coñecernos, dicindo que sí a todas as propostas, axudando e aportando en cada paso.

Grazas a vós, despois de tres meses, tivemos a oportunidade de participar en Ordes no II Trofeo Alquimia coas máis pequenas e coa recién chegada Lucía. E alí estivemos. Fomos invitados tamén polo Club Anca á Gala de Nadal en Lugo. E alí marchamos. Pasamos nervios, frío, horas de coche, presas para preparalo todo. Pero chegamos, sorrimos e disfrutamos. Sobre todo disfrutamos.

A este 2014 pedímoslle seguir traballando coa mesma ilusión, seguir cumplindo as vosas expectativas, seguir disfrutando e seguir medrando ao voso lado.

Grazas de novo por seguir facendo este proxecto realidade.

postal2013_Ourela

Advertisements