Trofeo Niveliños de Celanova

O Club Deportivo Ourela e as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Celanova organizarán o Trofeo Niveliños de patinaxe artística o 14 de marzo de 2015.

Este Trofeo organízase coa intención de ofrecer a posibilidade de participar nunha competición/festa de patinaxe a todos aqueles patinadores e patinadoras que están comezando neste deporte. Polo tanto, o obxectivo principal é pasar un bo día todos xuntos desfrutando da patinaxe e da convivencia con outros clubs e escolas.

Unha vez recibidas as inscricións das distintas escolas e clubs invitados informarémosvos dos horarios definitivos da competición.

Esperamos que os rapaces e rapazas desfruten do día como seguro o faremos nós!

Niveliños_Ourela