Xa non queda nada!
O sábado 14 de marzo desfrutaremos do Trofeo Niveliños de patinaxe artística. Este trofeo organizado polo CD.Ourela e as EDM Celanova busca que os patinadores e patinadoras máis pequenos e os que todavía están comezando tamén poidan desfrutar da «competición» neste deporte.
Con máis de 120 patinadores e patinadoras inscritos, os horarios previstos son:
Pola mañá:
- Prenivel: de 9.30 a 11.00h
- Nivel 0: de 11.00 a 13.00h
- Grupo da mañá do Nivel 1: de 13.00 a 13.15h
- Entrega de agasallos e foto final: 13.15h
Pola tarde:
- Nivel 1: 16.00h
- Nivel 2: 18.05h
- Nivel 3: 18.45h
- Nivel 4: 19.10h
- Nivel 5: 19.50h
- Nivel 6 e 7: 20.10h
- Exhibición patinadores invitados: 20.30h
- Entrega de agasallos e foto final: 20.45h
O Trofeo terá lugar no Pavillón Municipal de Celanova*.
*Enlace no Google maps: http://bit.ly/1EdVTF2
Debe estar conectado para enviar un comentario.