Comezamos a marcar datas no calendario!

Novas incorporacións, sorrisos xa coñecidos, compañeirismo, motivación que se contaxia… E agora xa toca comezar a marcar datas no calendario!

– O próximo mércores 14 de outubro cinco patinadoras participarán no descanso dun partido benéfico en representación do club (compartiremos máis información ao longo desta semana).
– O domingo 25 de outubro participaremos na Copa Deputación de Ourense organizada polo Club AEHDE.
– E en novembro participaremos na III Fase de Niveis da Federación Galega de Patinaxe.

Grazas a todas as patinadoras e patinadores, pais e nais que facedes posible que o Club Deportivo Ourela esté presente nestes eventos.
Seguimos adestrando para estar preparados e preparadas para os que virán! ;)

Ourela_patinaxe_Ourense