V Gala Exhibición

O 29 de xuño de 2013 faciamos a I Gala de Exhibición para presentar o club e comezar esta aventura. Catro anos despois miramos atrás e sorrimos lembrando o que levamos recorrido e pensando no que aínda queda por diante.
Coma en todos os clubs hai tamén moitos esforzos que non se ven, moitos disgustos que restan forzas e moitas xestións que se acumulan nas datas máis inoportunas. E como para todas e todos os deportistas (e as súas familias) moitos sacrificios diarios, horas de pavillón e moitas présas e organizacións de axendas imposibles. Pero as ilusións, as motivacións e os sorrisos compartidos son contaxiosos e poden con todo! A avaliación sempre é positiva, no voso caso de sobresaínte, e as alegrías e satisfaccións sempre son máis.

Grazas a cada unha das patinadoras e patinadores por unha tempada máis ensinándonos a desfrutar cada día dos adestramentos e os tempos compartidos. Cada unha e cada un co voso carácter, coa vosa implicación, coas vosas facilidades e dificultades, e sobre todo coa vosa autenticidade e espontaneidade que tanta enerxía contaxia.
Esperamos que vos levedes grandes recordos e moitos bos momentos destes meses e alegrámonos de ter compartido con todas e todos vós este curso 2016-2017.
#OrgulloOurelense

E grazas tamén ás entidades colaboradoras por seguir facendo posible este proxecto: Nadenú, Diego Vilas, Grupo VilaCastro, Forgal Formación, Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e Deputación de Ourense.

cartel_clausuras17

Ourela_gala_xuño17